Monday 29 de April de 2024

Verónica Codesal presenta no auditorio da Fábrica o concerto 100 VOLTAS


Oleiros, 9 de novembro de 2023.- O Auditorio da Fábrica acollerá 100 VOLTAS de Verónica Codesal o mércores 15 de novembro ás 20:30 horas.

100 VOLTAS é un proxecto cargado de cultura e tradición galega, concibido como un elemento vivo en constante evolución. Un repertorio que conserva a esencia do pasado incorporando elementos contemporáneos e diferentes instrumentos: instrumentos electrónicos, violín, acordeón diatónico, etc.

Os seus temas inclúen textos tradicionais, propios e tamén de poetas galegas contemporáneas (Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Rosalía Fernández Rial, Brais Fernandes) a través dos que contan as súas historias de mulleres, esposas, parellas, nais, fillas, amigas, traballadoras, artistas e activistas.

Elenco:
Verónica CODESAL (Galicia) – voz, percusión
Didier LALOY (Bélxica) – acordeón diatónico, stompbox
Damien CHIERICI (Bélxica) – violín, instrumentos electrónicos

Entrada de balde con invitación, a recoller unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira.